Casamentos

A modificación do Código Civil pola Lei 35/1994, concede a posibilidade de contraer matrimonio civil diante do Alcalde ou concelleir@ en quen delegue, conforme ás ausencias do Alcalde.

Para máis información

986 770 001 .ext 1222

Qué documentos hai que achegar ?

Para a celebración do matrimonio civil no Concello de Poio non hai que estar empadroado no concello, pero é necesario:

1

Tramitar a solicitude no Rexistro Civil de Poio, encargado de autorizar ao noso concello para a celebración da voda

  • Enderezo do Rexistro Civil: Rúa Castelao nº 5, BX-3  36995 SAN XOAN DE POIO
  • Teléfono do Rexistro Civil : 986 771 050

2

Presentar no Rexistro Xeral do concello a seguinte documentación

  • Solicitude de casamento.
  • Documento acreditativo do pago da taxa correspondente que é de 70 €.
  • Fotocopia do DNI dos contraentes.
  • Fotocopia do DNI dos testigos que asistiran a cerimonia.

Elixir a data do casamento

Pódese elixir día e hora chamando ao número de teléfono 986 770 001. A data reservarase tres semanas, se neste prazo non se presentase a solicitude, a reserva quedará sen efecto.

A solicitude coa documentación necesaria deberá presentarse polo menos 15 días antes da voda.

Horarios das cerimonias

As cerimonias de matrimonio civil no Concello de Poio teñen unha duración aproximada de 15 a 30 minutos e realizaranse no salón de Plenos do Concello.

  • Calquera día laborábel de 8.00 a 13.30 horas.
  • Os Venres, pola tarde de 17.00 a 20.00 horas.
  • Os Sábados: pola mañá de 11.30 a 13.00 horas, e pola tarde de 17.00 a 20.00 horas.
  • Non se celebrarán vodas nin os Domingos nin os festivos.

Para unha mellor organización da cerimonia

Deberase chamar ao teléfono 986 770 001 .ext 1222 para indicar a seguinte información:

1

Número aproximado de asistentes á cerimonia

2

Música

 Poderán contratar pola súa conta música en directo ou traer un equipo de música.

 

3

Adornos florais

 Poderán adornar persoalmente ou a través dunha floraría.

  • Horarios para adornos : colocaranse 30 minutos antes do comezo da cerimonia e retiraranse ao finalizar a cerimonia civil.
  • De haber outra voda antes o tempo para adornar reducirase a 15 minutos.

4

Aneis

Antes da cerimonia indicarán a persoa que os leva, non son obrigatorios.

Scroll al inicio